O alcalde de Oroso, Álex Doval, durante a visita a Herminia Costa Mallón con motivo do seu centenario.

Oroso celebra os 100 anos de Herminia Costa Mallón, unha nova centenaria do municipio

Oroso celebrou hoxe o centenario de Herminia Costa Mallón, unha veciña que chega aos 100 anos de idade rodeada da súa familia e do agarimo de toda a veciñanza.

Nacida en Vilar de Céltigos, na parroquia de Santa Comba, Herminia leva xa máis de dúas décadas vivindo en Sigüeiro, onde construíu unha parte importante da súa vida e onde continúa residindo na actualidade xunto á ...

ler máis
Eclipse solar

Oroso prepárase para vivir hoxe o eclipse total de Sol, un fenómeno astronómico excepcional

Oroso poderá desfrutar ao longo da tarde-noite de hoxe, 12 de agosto, dun dos fenómenos astronómicos máis extraordinarios das últimas décadas: un eclipse total de Sol, que será visible desde boa parte do norte da Península Ibérica e que converterá Galicia nun dos lugares privilexiados para a súa observación.

Trátase do primeiro eclipse total de Sol visible desde a Peníns ...

ler máis
Xunta de Goberno da Entidade Urbanística de Conservación do Centro Empresarial de Sigüeiro (ZES)

A Xunta de Goberno do ZES aproba novos investimentos para mellorar o Centro Empresarial de Sigüeiro

A Xunta de Goberno da Entidade Urbanística de Conservación do Centro Empresarial de Sigüeiro (ZES) celebrou hoxe unha nova sesión de traballo na que se abordaron distintos asuntos relacionados coa xestión do polígono e se aprobaron importantes actuacións destinadas a seguir mellorando as súas infraestruturas e os servizos que ofrece ás empresas instaladas.

Entre os acordos ad ...

ler máis
Refuxio Climático

Oroso impulsa un novo refuxio climático na Praza Alexandre Bóveda cun investimento superior aos 90.000 euros

O Concello de Oroso continúa avanzando na creación de espazos públicos máis verdes, sostibles e preparados para facer fronte aos efectos do cambio climático coa execución dun novo refuxio climático na Praza Alexandre Bóveda, unha actuación que permitirá transformar e renaturalizar esta zona de lecer situada á beira do río Tambre.

O proxecto conta cun investimento superior ...

ler máis
Comunicado

Comunicado institucional sobre o sector da alimentación

O grupo de goberno do Concello de Oroso quere trasladar o seu apoio e recoñecemento aos traballadores de Gadis e Froiz, entre os que se atopan veciños e veciñas do noso concello.

O seu labor diario resulta fundamental para garantir un servizo esencial á cidadanía, especialmente nun sector tan importante como o da alimentación.

Dende o Concello defendemos a importanc ...

ler máis