Cacharela San Xoán

O Concello de Oroso abre o prazo para solicitar autorizacións para as cacharelas de San Xoán 2026

Coa chegada dunha das noites máis especiais e tradicionais do ano, o Concello de Oroso informa da apertura do prazo para solicitar autorización para a realización de cacharelas na noite de San Xoán, que se celebrará o vindeiro 23 de xuño.

Todas aquelas persoas particulares, asociacións, comisións de festas ou grupos que desexen organizar unha cacharela deberán tramitar previa ...

ler máis
Recetas da Festa da Troita do cociñeiro Alex Iglesias

O cociñeiro Álex Iglesias ofrece as receitas que puxeron en valor á Troita na showcooking da Festa da Troita

A XXVIII Festa da Troita de Oroso contou o pasado venres cunha destacada proposta gastronómica da man do cociñeiro Álex Iglesias, quen protagonizou un exitoso showcooking no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. A actividade, organizada polo Concello de Oroso, reuniu a numerosas persoas asistentes arredor da cociña en directo, combinando tradición, innovación e produto local.

...

ler máis
Degustación gratuita na Festa da Troita

A XXVIII Festa da Troita converte Sigüeiro no gran epicentro festivo e gastronómico de Galicia

O Concello de Oroso pechou esta fin de semana unha edición histórica da Festa da Troita, que volveu converter Sigüeiro nun dos grandes puntos de encontro festivos de Galicia, reunindo a milleiros de persoas arredor da gastronomía, da música, da pesca deportiva e das tradicións populares.

A XXVIII edición da Festa da Troita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, des ...

ler máis
Feira Galega de Artesáns na Festa da Troita

A Feira Galega de Artesáns enche de tradición e creatividade a Praza Isaac Díaz Pardo na XXVIII Festa da Troita

A Praza Isaac Díaz Pardo acolle durante esta fin de semana unha nova edición da Feira Galega de Artesáns, unha das propostas destacadas da programación da XXVIII Festa da Troita de Oroso, que converte o centro de Sigüeiro nun escaparate do talento, da tradición e da creación artesanal galega.

A feira abriu as súas portas este sábado coa presenza de representantes instituciona ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, xunto a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, e membros do goberno durante a sesión culinaria do cociñeiro Álex Iglesias

Oroso inaugura a XXVIII Festa da Troita cun showcooking dedicado á tradición e á innovación gastronómica

O Concello de Oroso deu comezo este venres á programación da XXVIII Festa da Troita cun showcooking especial celebrado no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, unha actividade que serviu para poñer en valor a troita como un dos produtos máis representativos da gastronomía e da identidade do municipio.

A sesión culinaria estivo dirixida polo cociñeiro ler máis