Cartel reinauguración Aula da Xuventude

Oroso reabre a Aula da Xuventude como espazo de encontro e participación para a mocidade

O Concello de Oroso inaugurará o vindeiro venres 30 de xaneiro ás 18:00 horas a Aula da Xuventude, un espazo municipal renovado e concibido como punto de encontro, participación e desenvolvemento de iniciativas dirixidas á xente nova do concello.

A reapertura terá lugar no Centro Cívico, situado diante da Praza Isaac Díaz Pardo, e supón un novo paso na aposta municipal por ofr ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Cultura, María Requejo, realizaron a entrega dos premios

Entregados os Premios Socios de Honra da Biblioteca Municipal de Oroso

A Biblioteca Municipal de Oroso celebrou onte o acto de entrega dos Premios Socios de Honra, unha iniciativa coa que se recoñece publicamente ás persoas usuarias que ao longo do ano destacaron pola súa constancia, participación e compromiso coa lectura e co uso habitual deste servizo municipal.

O evento serviu para poñer en valor o papel da biblioteca como espazo de encontro, apr ...

ler máis
Melchor, Gaspar e Baltasar saudando as nenas e nenos de Oroso

Oroso viveu unha Cabalgata de Reis chea de ilusión, maxia e tradición

A tarde do 5 de xaneiro, a pesar da chuvia, Sigüeiro enchouse de ilusión coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, unha xornada especial chea de emoción para a cativada e para as familias do noso concello.

Este ano, os Reis Magos chegaron ao Concello de Oroso moi cedo, percorrendo as distintas parroquias para recoller os encargos e desexos dos máis pequenos antes da gran ...

ler máis
Nova edición da Gala de Nadal da Agrupación Folclórica Lembranzas do Tambre

A Gala de Nadal de Lembranzas do Tambre enche de música tradicional o Nadal en Oroso

O Concello de Oroso acolleu onte unha nova edición da Gala de Nadal da Agrupación Folclórica Lembranzas do Tambre, unha cita xa plenamente consolidada no calendario cultural municipal e moi agardada pola veciñanza nestas datas tan sinaladas.

O evento converteuse nunha verdadeira celebración da cultura popular galega, combinando música, tradición e espírito nadalicio. A gala co ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, cos participantes ao Torneo de Xadrez Oroso

Nova edición do Torneo de Xadrez Oroso reúne participantes de todas as idades

Onte tivo lugar no Lar Blanco unha nova edición do Torneo de Xadrez Oroso, unha convocatoria aberta á veciñanza da comarca que reuniu participantes de todas as idades nun ambiente deportivo e cordial no que primaron o entusiasmo, a concentración e o espírito de convivencia. Esta actividade, xa consolidada no calendario local, converteuse nun espazo de encontro no que o xadrez serve como vehí ...

ler máis