Gala de Fin de Curso do Club Ximnasia Oroso

O Club Ximnasia Oroso pecha a tempada cunha emotiva Gala de Fin de Curso e abre o prazo de novas matrículas

O Pavillón Municipal converteuse este venres no escenario dunha das citas máis agardadas do calendario deportivo local coa celebración da Gala de Fin de Curso do Club Ximnasia Oroso, un evento que reuniu a ximnastas, familias, equipo técnico e veciñanza para poñer o broche de ouro a unha tempada chea de esforzo, aprendizaxe e ilusión.

Durante a exhibición, as diferentes catego ...

ler máis
Andaina Solidaria a favor de ASANOG

Oroso volveu camiñar pola solidariedade na Andaina Solidaria a favor de ASANOG

Oroso volveu demostrar este domingo o seu carácter solidario coa celebración da Andaina Solidaria a favor de ASANOG, unha iniciativa que reuniu a numerosos veciños e veciñas nunha xornada marcada pola participación, a convivencia e o compromiso cunha causa de enorme importancia social.

A actividade permitiu unir deporte, solidariedade e sensibilización en apoio á Asociación de ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, a concelleira de Cultura, María Requejo e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, xunto a directivos das entidades asociativas locais na presentación dos campament

Oroso presenta a maior oferta de campamentos de conciliación da súa historia para o verán de 2026

O Concello de Oroso reuniu recentemente ás entidades deportivas, sociais e culturais do municipio co obxectivo de coordinar e promocionar a programación de campamentos e actividades de conciliación para o verán de 2026, unha oferta que se converte este ano na máis ampla e variada da historia do concello.

En total, as familias de Oroso terán á súa disposición 11 propostas dife ...

ler máis
O concelleiro de Deportes, Carlos Fernandez, xunto os xogadores do Cidade de Ribeira CF, campión desta primeira edición do I Torneo de Campións Infantil.

O Lino Balado converteuse no escenario do I Torneo de Campións Infantil de fútbol galego

O Campo Municipal Lino Balado de Sigüeiro acolleu esta fin de semana o I Torneo de Campións Infantil, unha cita deportiva que reuniu aos tres equipos campións dos grupos da Preferente Futgal nunha xornada marcada polo bo ambiente, a deportividade e o gran nivel competitivo.

A competición disputouse en formato triangular e contou coa participación da ED Xuventude Oroso, anfitrioa ...

ler máis
Sasha Malov, xogador do Oroso TM, durante a súa participación no prestixioso torneo internacional WTT Youth Contender Mississauga (Canadá)

Sasha Malov continúa brillando no panorama internacional do tenis de mesa

O deporte de Oroso volve estar de parabéns grazas aos excelentes resultados acadados por Sasha Malov, xogador do Oroso TM, durante a súa participación no prestixioso torneo internacional WTT Youth Contender Mississauga, celebrado recentemente en Canadá.

O mozo deportista conseguiu unha destacada segunda posición na categoría sub-17, demostrando unha vez máis o seu gran nivel co ...

ler máis