O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña Mencía Mosquera polo importante éxito deportivo acadado recentemente co seu equipo, o Marineda Hóckey, que vén de proclamarse campión da Copa S.A.R. A Princesa Feminina de hóckey a patíns.
Este título supón un novo fito para o club coruñés, que en moi pouco tempo de traxectoria está a destacar con forza no panorama do hó ...
O Concello de Oroso participou este sábado na I Carreira e Andaina Solidaria GatoCan Oroso, unha iniciativa deportiva e solidaria que reuniu a numerosos veciños e veciñas nunha xornada marcada pola participación, a convivencia e o compromiso co benestar animal.
A actividade, organizada pola Asociación GatoCan Oroso en colaboración co Concello, celebrouse no Polígono de Sigüeir ...
O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña de Deixebre, Xiana Reboredo Dosil, que o pasado 22 de febreiro se proclamou subcampioa galega de salto de lonxitude no Campionato Galego Sub 16 en pista cuberta, celebrado en Ourense.
A atleta acadou un magnífico rexistro de 4,88 metros, un resultado que reflicte o seu talento, esforzo e constancia, e que a sitúa entre as promesas ...
O vindeiro domingo 29 de marzo de 2026, a partir das 10:00 horas, Oroso volverá converterse nun punto de encontro para o deporte coa celebración da XII Carreira Pedestre Concello de Oroso, unha cita xa consolidada no calendario atlético galego que cada ano reúne a centos de participantes e afeccionados.
A proba terá saída e meta na rúa Camiño Inglés, escenario habitual desta ...
O alcalde de Oroso, Alex Doval, realizou unha visita ás obras xa finalizadas nos vestiarios do Campo de Fútbol do Peteiro, acompañado pola delegada da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Belén do Campo, e polo concelleiro de Deportes, Carlos Fernández.
Esta actuación responde a unha demanda reiterada dos clubs deportivos e das persoas usuarias destas instalacións, e permi ...


















