Expertclick

Oroso acollerá un obradoiro gratuíto ‘Expertclick’ para mellorar as competencias dixitais das persoas maiores

O Concello de Oroso, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha na Aula CeMIT de Sigüeiro un obradoiro gratuíto do programa ‘Expertclick’, unha iniciativa de formación dixital destinada a persoas maiores de 55 anos que desexen gañar confianza no uso das novas tecnoloxías e aprender a aproveitar as súas posibilidades no día a día.

A formación está pen ...

ler máis
Extraordinarias: Fundamentos de dixitalización

Oroso acollerá un obradoiro gratuíto para impulsar a dixitalización dos negocios de mulleres emprendedoras

O Concello de Oroso colaborará na celebración dun novo obradoiro gratuíto do programa Extraordinarias, unha iniciativa promovida pola Fundación Cibervoluntarios para facilitar ás mulleres emprendedoras competencias dixitais que lles permitan impulsar os seus proxectos, mellorar a súa presenza en internet e ampliar as oportunidades dos seus negocios.

A actividade, titulada «Extr ...

ler máis
Inauguración do obradoiro de emprego Terras de Lengüelle II

Inaugurado o obradoiro de emprego Terras de Lengüelle II, que formará 20 persoas durante nove meses

O alcalde de Oroso, Álex Doval, participou na inauguración do Obradoiro Dual de Emprego Terras de Lengüelle II, unha iniciativa promovida polo Concello de Trazo en colaboración cos concellos de Oroso, Tordoia e Cerceda, e subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

O programa terá unha duración de nove meses e permitirá que 20 persoas ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e o concelleiro de Medio Rural, Carlos Mosquera, na entrega dos carnés do curso de fitosanitarios

Entrega dos carnés do curso de fitosanitarios en Oroso

O Concello de Oroso fixo entrega este venres dos carnés ás persoas participantes no curso de fitosanitarios celebrado recentemente no municipio, unha formación orientada a mellorar os coñecementos e a capacitación das persoas participantes para o uso responsable e seguro destes produtos.

A iniciativa permitiu adquirir e reforzar os coñecementos necesarios para o correcto manexo ...

ler máis
Obradoiro de Emprego

Publicadas as bases do Obradoiro Dual de Emprego «Terras de Lengüelle II», con catro prazas reservadas para Oroso

Xa están publicadas as bases que regulan o proceso de selección do alumnado-traballador e do persoal directivo, docente e administrativo de apoio do Obradoiro Dual de Emprego «Terras de Lengüelle II», un programa mixto de emprego e formación promovido polo Concello de Trazo en colaboración cos concellos de Oroso, Cerceda e Tordoia, e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Em ...

ler máis