Presentación do Campamento Inclusivo de Pascua na que estivo presente o alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Ensino, María Requejo.

Oroso acollerá un Campamento Inclusivo de Pascua para favorecer a conciliación familiar

O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro acollerá durante as vacacións de Semana Santa un campamento inclusivo de Pascua, unha iniciativa promovida pola asociación Afecto, coa colaboración da ANPA A Nosa Escola e do Concello de Oroso, co obxectivo de ofrecer actividades educativas e de lecer para a infancia ao tempo que se facilita a conciliación das familias.

O campamento desenvolve ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Cultura, María Requejo, realizaron a entrega dos premios

Entregados os Premios Socios de Honra da Biblioteca Municipal de Oroso

A Biblioteca Municipal de Oroso celebrou onte o acto de entrega dos Premios Socios de Honra, unha iniciativa coa que se recoñece publicamente ás persoas usuarias que ao longo do ano destacaron pola súa constancia, participación e compromiso coa lectura e co uso habitual deste servizo municipal.

O evento serviu para poñer en valor o papel da biblioteca como espazo de encontro, apr ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, na sinatura do acordo

Investimento de 150.000 euros na Escola Infantil Municipal da Ulloa

O Concello de Oroso informa de que hoxe se asinou o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que permitirá realizar un investimento de 150.000 euros na Escola Infantil Municipal da Ulloa, destinado á mellora das súas instalacións e á modernización dos seus servizos educativos.

O acordo foi asinado polo alcalde de Oroso, Álex Doval, e pola conselleira de Política Social e ...

ler máis
Renovación do tellado da Escola Unitaria de Vilacide

Comezan as obras de renovación do tellado na Escola Unitaria de Vilacide

O Concello de Oroso informa do inicio das obras de renovación do tellado da Escola Unitaria de Vilacide, unha actuación esencial para garantir o bo estado do edificio e ofrecer un espazo educativo máis seguro, eficiente e confortable para o alumnado.

O proxecto, que conta cun investimento próximo aos 43.000 euros, está financiado a través da Dirección Xeral de Administración ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e o concelleiro de Medio Rural, Carlos Mosquera, xunto co alumnado que obtivo o carné oficial de manipulador de produtos fitosanitarios

Entrega dos carnés oficiais de manipulación de produtos fitosanitarios no Concello de Oroso

O Salón de Plenos do Concello de Oroso acolleu hoxe o acto de entrega dos carnés oficiais de fitosanitarios ao alumnado que superou con éxito o exame correspondente á formación en manipulación de produtos fitosanitarios. Trátase dunha acreditación imprescindible para o desenvolvemento de diferentes tarefas no ámbito agrícola, especialmente aquelas relacionadas co uso seguro e responsable ...

ler máis