Cartel curso Impresión 3D

Cursos gratuito de Impresión 3D

O Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza un curso gratuíto de Impresión 3D, que terá lugar os días 2, 4, 8, 10 e 11 de maio de 2023, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran introducirse no mundo da fabricación dixital e manexo das impresoras 3D, xa que non fai falla ter coñecementos previos específ ...

ler máis
Cartel Mellor Acompañad@s

Obradoiro de formación 'Mellor acompañad@s'

A Aula de Formación EducaOroso a través da Fundación Amigos de Galicia pon en marcha o obradoiro de formación "Mellor acompañad@s" que ten como obxectivo proporcionar formación dixital que apoie o envellecemento activo e a socialización mellorando a autonomía e independencia das persoas maiores de maneira que poidan desenvolver o seu día a día arredor das TIC.

Dirixido ás p ...

ler máis
Cartel cursos de Competencias Dixitais

Cursos sobre Competencias Dixitais

O Concello de Oroso convoca varios cursos gratuítos de ofimática con LibreOffice, preparatorio para a obtención do CODIX, certificación galega de competencias dixitais en ofimática que acredita que o seu posuidor ten os coñecementos, capacidades e aptitudes precisas en materia de ofimática.

Os cursos terán lugar na quenda de maña en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Cl@ave PIN

Novo servizo Oficina Cl@ve na Aula de Informática do Concello de Oroso

Co fin de acercar a administración a todos os veciños o Concello de Oroso pon en marcha un novo servizo para a solicitude do sistema Cl@ve de xeito que simplificará o sistema de acceso nos procesos de identificación ante a Administración.

Que é Cl@ve?

Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públ ...

ler máis
Cartel informativo Competencias Dixitais Básicas

Competencias Dixitais Básicas

Con esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.

Obxectivo xeral:

Adquirir as competencias dixitais básicas que permitan “aproveitar a riqu ...

ler máis