Pleno do Concello de Oroso

O Pleno de Oroso aproba preto de 500.000 euros en seis novas actuacións a través do POS+ complementario 2026

O Pleno do Concello de Oroso aprobou na súa última sesión a relación de actuacións que se incorporarán ao POS+ Complementario 2026, cun investimento global de preto de 500.000 euros e intervencións distribuídas por diferentes parroquias do municipio.

A proposta municipal inclúe seis actuacións, que permitirán continuar avanzando na mellora das infraestruturas municipais e ...

ler máis
Reunión entre a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Oroso, Álex Doval.

Acordada a ampliación da rede municipal de abastecemento en Vilacide de Arriba

O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia acordaron avanzar na ampliación da rede municipal de abastecemento de auga no lugar de Vilacide de Arriba, unha actuación que permitirá estender este servizo básico e mellorar as condicións de abastecemento para a veciñanza desta zona.

O acordo foi abordado este luns, 5 de outubro, nunha reunión entre a conselleira de Medio Ambiente e Ca ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, supervisou o inicio das obras de renovación da senda peonil entre Oroso Pequeno e o Paseo do Carboeiro

Iniciadas as obras de renovación da senda peonil entre Oroso Pequeno e o Paseo do Carboeiro

O Concello de Oroso vén de iniciar os traballos de renovación da senda peonil que conecta Oroso Pequeno co polígono industrial de Sigüeiro e continúa ata o Paseo do Carboeiro, unha actuación que permitirá mellorar de maneira notable as condicións de accesibilidade, seguridade e comodidade deste percorrido.

A intervención conta cun investimento total de 150.000 euros, dos cale ...

ler máis
Novos traballos de asfaltado en Sigüeiro

Continúa o asfaltado integral de Sigüeiro con novas actuacións na rúa do Concello e Río Lengüelle

O Concello de Oroso continúa avanzando no plan de mellora e renovación da rede viaria de Sigüeiro. A partir de mañá, 30 de setembro, os traballos de asfaltado integral trasladaranse a novas zonas do casco urbano, concretamente á rúa do Concello e á rúa Río Lengüelle.

Esta nova fase dá continuidade ás actuacións executadas durante o mes de setembro na contorna da praza Al ...

ler máis
Inicio das obras de mellora do Parque do Carboeiro

Comezan as obras de transformación e mellora do Parque do Carboeiro ao abeiro do Plan Hurbe

Xa están en marcha os traballos de transformación e mellora do Parque do Carboeiro, en Sigüeiro, ao abeiro do Plan Hurbe, unha actuación impulsada polo Concello de Oroso en colaboración coa Xunta de Galicia que permitirá renovar de maneira integral un dos principais espazos naturais, de lecer e convivencia do municipio.

O proxecto supón un investimento superior ao millón de eu ...

ler máis