Traballos de asfaltado e mellora viaria en Vilacide (Oroso)

Os traballos de mellora e asfaltado continúan ao longo de todo o noso concello

O Concello de Oroso segue cos traballos de mellora e asfaltado en todas as parroquias do noso concello.

Nestes días, as actuacións están centradas en Vilacide, na parroquia de Oroso, onde seguimos renovando os camiños para ofrecer máis seguridade e comodidade aos veciños.

Sabemos que queda moito por facer, pero avanzamos paso a paso cun compromiso firme coa mellora ...

ler máis
Remate dos traballos de asfaltado en Monte da Gaándara

Oroso remata as obras de mellora na rede viaria de varios camiños do Concello

O Concello de Oroso vén de rematados algúns dos traballos de asfaltado en varios camiños do noso concello como en Casasnovas, Cas e Monte da Gándara.

Sabemos que a maioría das pistas e camiños precisan melloras e seguimos a traballar de xeito continuo para mellorar a infraestrutura.

Seguimos avanzando para garantir un Oroso máis moderno e accesible para todos. &n ...

ler máis
Cartel das obras cofinanciadas co Fondo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader)

Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025

Rematadas as obras do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025, de mellora de rede viaria nos lugares de Sigüeiro na parroquia de Oroso e Burgao da parroquia de Trasmonte, cofinanciadas co Fondo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader).

Os traballos do concello de Oroso consistiron nas melloras e adecentamento do pavimento nos viais públicos de ...

ler máis
Pleno extraordinario onde se aprobou por unanimidade de todos os grupos da Corporación

A REMODELACIÓN DA GRABANXA, MÁIS CERCA: O CONCELLO APROBA O CONVENIO E ESPERA QUE A DEPUTACIÓN LICITE CANTO ANTES

O Concello de Oroso aprobou onte, en pleno extraordinario e por unanimidade de todos os grupos da Corporación, o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para acometer a esperada remodelación integral da Avenida da Grabanxa.

Este acordo supón un paso definitivo para a execución dun proxecto xa aprobado e que contará con financiamento da institución provincial. A ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Alex Doval, durante a sinatura do convenio, con Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia

Hoxe asinouse o convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Oroso

Damos un paso máis cara á remodelación integral da Avenida da Grabanxa. O acordo asinado permitirá financiar as obras de saneamento e abastecemento de auga incluídas neste proxecto, que se acometerá en canto se formalice tamén o convenio coa Deputación da Coruña.

Grazas a este convenio, o Concello de Oroso non terá que asumir a parte dos 268.000 euros que corresponde a estes ...

ler máis