O Concello de Oroso vén de finalizar as obras de mellora da rede viaria na zona da Costa, na parroquia de Trasmonte, cun investimento próximo aos 70.000 euros. Esta actuación forma parte do compromiso do goberno local por seguir mellorando as infraestruturas viarias en todas as parroquias do municipio.
O proxecto permitiu o arranxo de 10 pistas, que suman máis de 1,5 quilómetros ...
Oroso acomete unha mellora viaria en Berdomás coa construción dunha nova ponte sobre o río Carboeiro
O Concello de Oroso vén de poñer en marcha unha actuación clave na parroquia da Gándara, concretamente en Berdomás, coa construción dunha nova ponte sobre o río Carboeiro. O investimento, próximo aos 80.000 euros, ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e mellorar as comunicacións da veciñanza no ámbito rural.
A nova infraestrutura substituirá o paso actual, que pr ...
O Concello de Oroso está a ultimar estes días os traballos de mellora da rede viaria municipal en distintos puntos da parroquia de Oroso, cun investimento que supera os 100.000 euros.
As actuacións abranguen a mellora de máis de 2,5 quilómetros de pistas municipais,
concretamente en Vilacide de Arriba, Vilacide de Abaixo e no lugar do Barreiro, xusto antes da ponte da autoestra ...
O Concello de Oroso vén de rematar unha serie de melloras no Local de Maiores, co obxectivo de ofrecer un espazo máis cómodo, moderno e accesible para a veciñanza. As actuacións realizáronse grazas a un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
En ...
O alcalde Alex Doval participou hoxe na clausura dos obradoiros de emprego organizados pola Mancomunidade de Ordes en colaboración coa Xunta de Galicia, que durante os últimos meses ofreceron formación práctica e teórica a persoas desempregadas da comarca en sectores cunha alta demanda laboral.
Estes programas, nos que participaron veciños e veciñas de Oroso, apostan pola cuali ...

















