O Concello de Oroso informa que, a partir deste martes 27 de xaneiro, ás 9:00 horas quedará aberto ao paso rodado o acceso á Praza Isaac Díaz Pardo a través da rúa Xuncal, unha vez realizada a recepción parcial das obras executadas neste ámbito.
Con esta reapertura a rúa Xuncal recupera o seu funcionamento habitual, volvendo ao sentido único de circulación cara á praza, po ...
O Concello de Oroso inaugurou esta tarde o campo do Lino Balado tras a renovación integral do seu terreo de xogo unha actuación moi demandada pola veciñanza e polos clubs deportivos locais que permite mellorar notablemente as instalacións deportivas municipais e ofrecer un espazo en mellores condicións para a práctica do fútbol.
O acto contou coa presenza do presidente da Feder ...
O Concello de Oroso informa de que hoxe se asinou o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que permitirá realizar un investimento de 150.000 euros na Escola Infantil Municipal da Ulloa, destinado á mellora das súas instalacións e á modernización dos seus servizos educativos.
O acordo foi asinado polo alcalde de Oroso, Álex Doval, e pola conselleira de Política Social e ...
A Praza Isaac Díaz Pardo xa se atopa aberta ao
tránsito peonil, permitindo á veciñanza comezar a desfrutar deste espazo renovado
como lugar de encontro, convivencia e actividade social durante estas datas de Nadal.
A actuación realizada supón unha mellora destacada dun dos espazos centrais de
Sigüeiro, configurado agora como unha praza máis accesible, funcional e pensada
p ...
O Concello de Oroso informa do inicio das obras de renovación do tellado da Escola Unitaria de Vilacide, unha actuación esencial para garantir o bo estado do edificio e ofrecer un espazo educativo máis seguro, eficiente e confortable para o alumnado.
O proxecto, que conta cun investimento próximo aos 43.000 euros, está financiado a
través da Dirección Xeral de Administración ...


















