Campaña anual de limpeza das pistas forestais

O Concello de Oroso inicia a campaña anual de limpeza das pistas forestais nas parroquias do municipio

O Concello de Oroso vén de iniciar os traballos de limpeza e roza das marxes das pistas forestais, unha actuación que se desenvolverá ao longo das próximas semanas en diferentes parroquias do municipio co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, facilitar o acceso ás explotacións agrícolas e forestais e contribuír á prevención de incendios.

Nesta primeira fase, as actuacià ...

ler máis
Acondicionamento viario no lugar de Castiñeiro Redondo (Calvente)

O Concello de Oroso mellora a rede viaria en Castiñeiro Redondo, na parroquia de Calvente

O Concello de Oroso continúa avanzando no seu compromiso coa mellora das infraestruturas e servizos nas parroquias coa execución dunha nova actuación de acondicionamento viario no lugar de Castiñeiro Redondo, na parroquia de Calvente.

Os traballos permitiron actuar sobre máis de 600 metros de vía municipal, mellorando o estado do firme e reforzando as condicións de seguridade e ...

ler máis
Limpeza de parcelas polos operarios municipais

O Concello de Oroso lembra a obrigatoriedade de limpar as parcelas antes do 31 de maio

O Concello de Oroso fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza para cumprir coa normativa vixente en materia de prevención de incendios forestais, lembrando a obrigatoriedade de manter as parcelas en condicións axeitadas de limpeza e seguridade.

Esta obriga está recollida na ler máis

Novo Local Social da parroquia de Oroso

O Concello de Oroso licita a construción do novo Local Social da parroquia de Oroso

O Concello de Oroso vén de sacar a licitación a construción do novo Local Social de Oroso, un proxecto que a parroquia leva esparando máis de dez anos e que por fin inicia o seu camiño para converterse nunha realidade.

O novo edificio situarase no lugar de A Penela, nunha parcela municipal de máis de 16.000 m², e permitirá dotar á parroquia dun espazo sociocultural novo. ...

ler máis
Licitación sendas peonís

O Concello de Oroso saca a licitación catro novas actuacións de sendas peonís cun investimento de case 350.000 euros

O Concello de Oroso informa de que xa saíron a licitación catro novas actuacións destinados á creación de sendas peonís en distintos puntos do municipio, cun investimento total que ascende a case 350.000 euros.

Estas actuacións están financiadas a través do Plan de Obras e Servizos (POS) Provincial 2025 e teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria, favorecer a mobil ...

ler máis