Intervención ambiental na zona que rodea á Ponte Carollo na parroquia de Cardama

Traballos de limpeza e mantemento no tramo da Ponte Carollo sobre o Río Tambre

O Concello de Oroso, en colaboración coa entidade autonómica Augas de Galicia, vén de executar unha importante intervención ambiental na zona que rodea a ponte de Carollo, parroquia de Cardama, cunha dobre finalidade: conservar o dominio público hidráulico e garantir a seguridade e a correcta funcionalidade do cauce.

As tarefas, solicítadas polo Concello ao organismo hidráulic ...

ler máis
Nova parada de autobús no Empalme de Trasmonte

A Xunta autoriza unha nova parada de autobús no Empalme de Trasmonte

O Concello de Oroso informa da aprobación por parte da Xunta de Galicia para a creación dunha nova parada de autobús no lugar de Empalme de Trasmonte (parroquia de Trasmonte), que mellora a accesibilidade ao transporte público da veciñanza desta zona e fortalece as conexións interurbanas entre Santiago de Compostela, Ordes e A Coruña.

Segundo o comunicado da Xunta, «a parada ...

ler máis
Obras de mellora da rede viaria nos lugares de Berdomás e Vilanova

O Concello de Oroso remata as obras de mellora da rede viaria en Berdomás e Vilanova

O Concello de Oroso vén de concluir as obras de mellora da rede viaria nos lugares de Berdomás (A Gándara) e Vilanova (Oroso), incluídas no proxecto municipal de mantemento de camiños rurais. A intervención responde ás necesidades detectadas pola veciñanza e forma parte do compromiso continuo do Goberno local de investir nas infraestruturas das parroquias do municipio.

O orzam ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, xunto á delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e ao alcalde de Frades, Roberto Rey, na visita ás melloras executadas no viario de Castiñeiro Redondo

Melloras no viario de Castiñeiro Redondo para mellorar a seguridade e accesibilidade rural

O alcalde de Oroso, Álex Doval, xunto á delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, e ao alcalde de Frades, Roberto Rey, visitaron as melloras executadas no viario de Castiñeiro Redondo na parroquia de Calvente, unha actuación realizada de maneira conxunta entre ambos concellos co apoio da Xunta de Galicia a través da Orde de Infraestruturas de Uso Público.

O inv ...

ler máis
Melloras na rede viaría na Baxoia, na parroquia de Deixebre, cun investimento de algo máis de 20.000 euros

O Concello de Oroso completa a mellora da rede viaria na Baxoia (Deixebre)

Completouse recentemente a mellora de 300 metros de vía en A Baxoia, na parroquia de Deixebre, cun investimento de algo máis de 20.000 euros, dentro do Plan de Camiños.

Os traballos consistiron na renovación do firme e na mellora da seguridade da circulación, co obxectivo de dar resposta ás necesidades da veciñanza e mellorar as comunicacións na zona. As actuacións incluíron ...

ler máis