O Concello de Oroso vén de finalizar as obras de mellora da rede viaria na zona da Costa, na parroquia de Trasmonte, cun investimento próximo aos 70.000 euros. Esta actuación forma parte do compromiso do goberno local por seguir mellorando as infraestruturas viarias en todas as parroquias do municipio.
O proxecto permitiu o arranxo de 10 pistas, que suman máis de 1,5 quilómetros ...
O Concello de Oroso recibiu este mércores a visita da conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez Rodríguez, nunha xornada de traballo centrada no presente e futuro do sector primario no municipio.
Durante a visita, a conselleira percorreu os invernadoiros de Casa Bella, unha explotación de referencia no ámbito hortícola, onde se puxo en valor o traballo d ...
Oroso acomete unha mellora viaria en Berdomás coa construción dunha nova ponte sobre o río Carboeiro
O Concello de Oroso vén de poñer en marcha unha actuación clave na parroquia da Gándara, concretamente en Berdomás, coa construción dunha nova ponte sobre o río Carboeiro. O investimento, próximo aos 80.000 euros, ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e mellorar as comunicacións da veciñanza no ámbito rural.
A nova infraestrutura substituirá o paso actual, que pr ...
Os Concellos de Oroso e Frades iniciarán as obras de acondicionamento da estrada que dá acceso ao núcleo de Castiñeiro Redondo, unha actuación conxunta que supón un investimento total de 54.626 euros. O proxecto, que conta cunha importante achega da Xunta de Galicia superior aos 47.000 euros, será cofinanciado por ambas entidades locais para mellorar a seguridade e accesibilidade nun viario ...
ler máisO Concello de Oroso aproba en pleno dúas propostas clave para o desenvolvemento social e o apoio á veciñanza: a construción dun novo Local Social na Parroquia de Oroso, cun investimento de case 350.000 euros, e a asunción da suba do IPC nas tarifas da auga para evitar que afecte aos fogares.
Un novo Local Social en Oroso: máis servizos, máis vida parroquial
...


















