O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe en Oroso no acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria que afecta ás parroquias de Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa.
Este proceso supuxo unha reordenación territorial de 1.374 hectáreas, propiedade de 899 titulares, que pas ...
A Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Presidencia da Xunta de Galicia, anuncia a entrega dos títulos de propiedade da concentración parcelaria “Ánxeles‑Calvente‑Pasarelos‑Marzoa II”. O acto terá lugar os días 23, 24, 28 e 29 de xullo, en horario de 09:30 a 13:00 h, no local social O Cachopal (Parroquia de Ánxeles, DP‑3801, 15688 O Cachopal).
A entrega ...
Este sábado celebrouse na Gándara un emotivo acto de recoñecemento a Charo López Díaz, quen fora durante preto de 30 anos a mestra da escola unitaria da parroquia. A súa entrega, dedicación e cariño deixaron unha fonda pegada en xeracións de veciños e veciñas, que agora quixeron devolverlle parte do moito que ela lles deu.
O acto, promovido pola Asociación de Veciños Pena ...
O Concello de Oroso vén de levar a cabo unha nova intervención no marco do seu compromiso coa mellora das infraestruturas viarias nas zonas rurais do municipio. Nesta ocasión, os traballos centráronse na localidade de Piñeirón, pertencente á parroquia da Gándara, onde se realizaron importantes obras de asfaltado e acondicionamento dos camiños, co obxectivo de mellorar a seguridade e o con ...
ler máisO Concello de Oroso segue cos traballos de mellora e asfaltado en todas as parroquias do noso concello.
Nestes días, as actuacións están centradas en Vilacide, na parroquia de Oroso, onde seguimos renovando os camiños para ofrecer máis seguridade e comodidade aos veciños.
Sabemos que queda moito por facer, pero avanzamos paso a paso cun compromiso firme coa mellora ...


















