Dende o Concello de Oroso seguimos traballando para mellorar a seguridade e a calidade das nosas infraestruturas. Nestes días iniciamos os traballos de asfaltado en Altiboia, Marzoa, dando así resposta ás demandas veciñais e garantindo unhas estradas en mellores condicións para todos.
Estas actuacións forman parte dun plan de mellora viaria que se estenderá ao longo dos próxim ...
O Alcalde, Alex Doval, recibiu hoxe á Delegada Territorial da Xunta, Belén do Campo, para a entrega dunha motobomba cedida polo Distrito Forestal. Este novo equipamento reforzará os traballos de limpeza, prevención e extinción de incendios no noso concello.
Desde o Concello de Oroso agradecemos esta achega, que contribuirá á protección do noso entorno natural e á seguridade d ...
O Concello de Oroso aprobou en pleno extraordinario o Plan de Obras e Servizos (POS), tanto na súa liña ordinaria como na complementaria, que contempla diversas actuacións para a mellora das infraestruturas municipais en diferentes puntos do concello.
Entre as intervencións máis destacadas atópase a construción de varias sendas
peonís en Valverde e O Barral (parroquia de Vill ...
No último Pleno do Concello de Oroso aprobouse un importante acordo que supón un avance clave para o tecido social da parroquia de Oroso. A corporación municipal deu luz verde á modificación do uso da parcela situada na parte superior do campo de fútbol de A Penela, que pasará de ter un uso dotacional deportivo de titularidade pública a un uso dotacional deportivo-sociocultural.
ler máis
A iniciativa "Martes de Praia" foi un rotundo éxito no seu primeiro mes de funcionamento con 250 viaxeiros. A pesar de que as primeiras viaxes non contaron cun tempo verdadeiramente estival, a ocupación do servizo superou o 85% das prazas dispoñibles, demostrando unha gran acollida por parte dos veciños, especialmente nas últimas semanas onde a calor e o sol foron protagonistas. ...
ler máis

















