Curso gratuito para maiores

Curso gratuíto para maiores: “APPS para xestionar trámites en Internet”

O Concello de Oroso, a través da súa Aula de Formación e Informática (CeMIT), en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, organiza o curso “APPS para xestionar trámites en Internet”, unha acción formativa gratuíta e presencial dirixida a persoas maiores que desexen mellorar as súas competencias dixitais e gañar autonomía no uso das novas tecnoloxías.

Esta iniciati ...

ler máis
Participantes de Special Olympics Galicia acompañados de membros do goberno local de Oroso

Special Olympics Galicia promove unha xornada inclusiva na Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle

A Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle acolleu hoxe unha nova actividade organizada por Special Olympics Galicia, unha iniciativa de convivencia e deporte inclusivo na que participaron as entidades Aspadeza (Lalín), Chamorro (Narón) e Aspanane (Viveiro), ofrecendo ás persoas participantes unha experiencia de integración, natureza e actividade física nun espazo pensado para todos e toda ...

ler máis
Roupeiro Municipal

O roupeiro municipal de Oroso solicita doazóns de roupa e calzado para persoas en situación de vulnerabilidade

O Concello de Oroso, a través do departamento de Servizos Sociais, fai un chamamento á solidariedade da veciñanza para colaborar co Roupeiro Municipal, que nestes días precisa especialmente calzado novo ou seminovo de home, número 42, e roupa de talla 44 ou XL. O obxectivo é reforzar os recursos dispoñibles para atender as persoas e familias con menos recursos, especialmente de cara á cheg ...

ler máis
Programas Bos Días Cole e Comedor Escolar

Oroso reforza os servizos de conciliación e acada un récord histórico de usuarios

O Concello de Oroso continúa a apostar pola conciliación e polo apoio ás familias do municipio. Este curso escolar, grazas ao esforzo organizativo e económico realizado, conseguiuse eliminar as listas de espera nos servizos de conciliación, garantindo praza a todas as solicitudes presentadas en tempo e forma.

Os programas Bos Días Cole, que funcionan nos dous CEIP do municipio e ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, a Concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Lidia López, e o director do Consorcio Galego na visita ó Local de Maiores de Oroso

O Local de Maiores de Oroso estréase renovado con melloras valoradas en preto de 20.000 euros

O Concello de Oroso vén de rematar unha serie de melloras no Local de Maiores, co obxectivo de ofrecer un espazo máis cómodo, moderno e accesible para a veciñanza. As actuacións realizáronse grazas a un convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.               

En ...

ler máis