Áurea Maroño, acompañada do alcalde de Oroso, Álex Doval, a Concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Lidia López, e o director do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Gal

Áurea Maroño Carballeiro, veciña de Oroso, chega aos 100 anos

Oroso celebrou hoxe unha data moi especial: os cen anos de vida de Áurea Maroño Carballeiro, veciña da parroquia da Gándara e natural de Piñeirón, onde reside durante toda a súa vida.

Ao longo da súa traxectoria, Áurea foi ama de casa e tamén desenvolveu labores como gandeira, centrando a súa actividade no coidado de vacas, combinando o traballo do fogar coa vida no rur ...

ler máis
Foto na escola da Gándara coa mestra Doña Charo

O Local Social da Gándara pasará a chamarse "Local Social Doña Charo" en homenaxe á histórica mestra da parroquia

O Goberno Local do Concello de Oroso leva o xoves a pleno a proposta de nomear o actual local social da Gándara como “Local Social Doña Charo”, en recoñecemento á mestra Rosario López Díaz (Charo), unha figura profundamente querida e respectada na parroquia e en todo o municipio.

Esta iniciativa nace como resposta á solicitude da Asociación de Veciños "Pena-Teixa&quo ...

ler máis
O roupeiro municipal de Oroso nas novas dependencias do Cachopal.

O roupeiro municipal de Oroso xa está listo no seu novo emprazamento

O Concello de Oroso informa á cidadanía que o Roupeiro Municipal xa está completamente reorganizado, ordenado e preparado para servir ás persoas que máis o necesiten. Este servizo social foi recentemente trasladado a un novo espazo máis axeitado, situado nun local na zona do Cachopal, e volve funcionar con normalidade para atender ás familias e persoas en situación de vulnerabilidade s ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Alex Doval, xunto a Ricardo Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Lidia López

Ricardo Rodríguez, novo centenario en Oroso

O Concello de Oroso celebrou hoxe un acontecemento moi especial: o 100 aniversario de Ricardo Rodríguez Lagares, máis coñecido como Ricardo do Ferreiro de Marzoa.

Ricardo Rodríguez, leva 75 anos vivindo en Mijoi na parroquia de Calvente. É carpinterio de profesión e moi coñecido en Oroso por adicarse a facer carros, tellados de casa, etc..sobre todo nas parroquias de Senra, Ca ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Alex Doval, xunto a Antonlio Leborán, e o concelleiro de Obras , Jesús Fernández

Antono Leborán, un avó centenario en Oroso

O Concello de Oroso celebrou onte un acontecemento moi especial: o 100 aniversario de Antonio Leborán Rodríguez, máis coñecido como o Zapateiro da Sionlla.

Antonio, que leva máis de 10 anos vivindo no noso municipio coa súa filla e o seu xenro, é un exemplo de vitalidade e boa saúde. Pai de 3 fillos, avó de 7 netos e bisavó de 8 bisnetos, goza dunha vida activa e non renunc ...

ler máis