Con motivo do Día Internacional da Infancia, o Concello de Oroso fixo entrega ás familias beneficiarias das axudas á natalidade dun pequeno detalle: unha hucha que simboliza o valor de educar no aforro, na responsabilidade e nos bos hábitos desde as primeiras etapas da vida.
Este agasallo acompaña o programa municipal de apoio á natalidade, co que o Concello reforza o seu compro ...
O Concello de Oroso acolleu esta mañá a presentación oficial de O Pepotazo 2025, o gran evento de pre-fin de ano que xa se consolidou como unha das citas máis esperadas do calendario festivo da comarca. No acto participaron o alcalde de Oroso, Álex Doval, acompañado da concelleira de cultura, María Requejo, o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, e representantes da Comisión de Festa ...
ler máisDurante estas semanas o alumnado do CEIP Sigüeiro e do CEIP do Camiño Inglés participou nunha actividade educativa ao aire libre visitando a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, un percorrido que une natureza, historia e patrimonio, e que discorre polo antigo trazado do ferrocarril entre Santiago e A Coruña, convertido hoxe nun espazo de convivencia sostible para peóns e ciclistas.
...
O festival Psicotroita chega este ano á súa décima edición e faino por todo o alto: con dous días de concertos, os 27 e 28 de setembro, no Paseo do Carboeiro en Sigüeiro. A cita, que xa se converteu nunha referencia no calendario musical galego, celebrarase con entrada de balde e un cartel cheo de grupos de dentro e fóra de Galicia.
No acto de presentación, celebrado no día d ...
O xogador de tenis de mesa Sasha Malov, natural de Oroso, vén de acadar un destacado éxito internacional ao proclamarse campión en varias categorías na European Youth Series, celebrada en Riga (Letonia) entre o 20 e o 24 de agosto. O evento, organizado pola Unión Europea de Tenis de Mesa (ETTU), reuniu a algúns dos mellores xogadores mozos do continente nas categorías Sub‑13 e Sub‑15. ...
ler máis

















