Acendido de Nadal - Foto:Lindeiros

Oroso acende o Nadal este venres 5 de decembro

O Concello de Oroso está a preparar unha noite máxica para dar formalmente a benvida ao Nadal. O vindeiro venres 5 de decembro, será acendido o alumeado navideño, nun acto público que terá lugar ás 19:00 horas na Praza Isaac Díaz Pardo.

O evento contará con animación musical e un ambiente festivo pensado para gozar en familia, convertendo a praza nun espazo de encontro e cel ...

ler máis
Pleno ordinario do Concello de Oroso

O Pleno de Oroso aproba os orzamentos 2026 e varias medidas en beneficio da veciñanza

O Pleno do Concello de Oroso celebrou onte a súa sesión ordinaria, na que se aprobaron asuntos fundamentais para o futuro inmediato do municipio. Entre eles destaca a aprobación dos Orzamentos 2026, o documento económico máis importante do ano.

Aprobación dos Orzamentos 2026

O Pleno aprobou os orzamentos municipais para o ano 2026 cos votos favorables do Grupo Municipal do Par ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e membros da corporación municipal durante a visita da deputada provincial de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey

O Concello de Oroso investiu máis de 1,4 millóns de euros en 2024 grazas ao Plan Único da Deputación da Coruña

O Concello de Oroso destinou ao longo deste ano máis de 1,4 millóns de euros procedentes do Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña, un programa co que se executan actuacións destinadas a mellorar infraestruturas, servizos públicos e equipamentos municipais.

Desde o ano 2017, a Deputación da Coruña concedeu ao municipio máis de 7,6 millóns de euros a través deste plan pr ...

ler máis
A directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, xunto co alcalde de Oroso, Álex Doval, membros do goberno local e veciños e veciñas que se deron cita durante a visita

Novas axudas para o asociacionismo local en Oroso

Onte recibimos no Concello de Oroso á directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, quen visitou os locais sociais das asociacións beneficiarias no Cachopal, San Tomé e Deixebre, para comprobar as melloras realizadas grazas ás axudas autonómicas.

Estas actuacións enmarcadas no Plan específico de acción comunitaria da Xunta — que este ano benef ...

ler máis
Estado actual do viario tras a finalización das obras

Finalizadas as obras de mellora do viario en Berdomás, na parroquia da Gándara

O Concello de Oroso informa de que xa remataron os traballos de mellora viaria executados na zona de Berdomás, pertencente á parroquia da Gándara. A intervención, moi demandada pola veciñanza, tiña como obxectivo reforzar a seguridade e facilitar a mobilidade nun punto de tránsito habitual para residentes e vehículos agrícolas.

A actuación principal consistiu na construción ...

ler máis