O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os cativos nas instalacións do CEIPP de Sigüeiro, CEIPP do Camiño Inglés e CRA de Oroso, dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de traballos manuais, talleres de lectura de contos e diversos xogos.

LugarC.E.I.P. Plurilingüe de Sigüeiro e C.E.I.P Plurilingüe do Camiño Inglés e CRA de Oroso

Horario7:30 ata inicio xornada lectiva

Dirixidoa rapaces de 2 a 12 anos

Inclueservizo de gardería e almorzo





Formalización da solicitude no Bos Días Cole

  • Documentación a presentar para as renovacións
    • Matrícula (folla de renovación)
    • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia ou alerxia a ter en conta pola empresa encargada do servizo de servizo
    • Título de familia numerosa ou documentación acreditativa de ser o caso
    • Certificado familia monoparental de ser o caso
    • Carta domiciliación bancaria (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
    • Fotocopia dos DNI das persoas autorizadas

  • Documentación a presentar para as novas inscricións
    • Matrícula (folla de inscrición)
    • Xustificante de pago da matrícula. O pago realizaranse a través da páxina web: www.oroso.gal no apartado Oficina Virtual, Pago Tributos, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia ou alerxia a ter en conta pola empresa encargada do servizo de servizo
    • Título de familia numerosa ou documentación acreditativa de ser o caso
    • Certificado familia monoparental de ser o caso
    • Carta domiciliación bancaria (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
    • Fotocopia dos DNI das persoas proxenitoras e das persoas autorizadas

    Os irmáns de usuarios de renovación, deberán presentar a solicitude de nova inscrición conxuntamente coa de renovación.

  • Información e presentación da documentación
    • Lugar de presentación da documentación: Rexistro Xeral do Concello ou Sede electrónica
    • Prazas: As prazas asignaranse por rigoroso orde de presentación de solicitudes


Prazos

1

Prazo Renovacióndo 15 ao 30 de abril de 2026

2

Novas Matrículasdo 10 ao 25 de xuño de 2026

3

Publicación listaxes Admitidos15 xullo de 2026