Dende o Departamento de Ensino do Concello de Oroso queremos mellorar e optimizar o servizo de Comedor Escolar no CEIPP do Camiño Inglés, o obxectivo é darlle continuidade para o próximo curso escolar 2026/27.

Para os que xa estades utilizando o servizo, a continuación explicamosvos como serían os pasos a seguir para matricular o/a voso/a fillo/a para o vindeiro curso:

1

Prazo Renovacióndo 15 ao 30 de abril de 2026

2

Novas Matrículasdo 10 ao 25 de xuño de 2026

3

Publicación listaxes Admitidos15 xullo de 2026



Solicitude días soltos

Deberase avisar con 72 horas de antelación

Formalización da solicitude no Comedor Escolar CEIPP do Camiño Inglés

  • Documentación a presentar para as renovacións
    • Matrícula (folla de renovación)
    • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia ou alerxia a ter en conta pola empresa encargada do servizo de servizo
    • Título de familia numerosa ou documentación acreditativa de ser o caso
    • Certificado familia monoparental de ser o caso
    • Carta domiciliación bancaria (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
    • Fotocopia dos DNI das persoas autorizadas

  • Documentación a presentar para as novas inscricións
    • Matrícula (folla de inscrición)
    • Xustificante de pago da matrícula. O pago realizaranse a través da páxina web: www.oroso.gal no apartado Oficina Virtual, Pago Tributos, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia ou alerxia a ter en conta pola empresa encargada do servizo de servizo
    • Título de familia numerosa ou documentación acreditativa de ser o caso
    • Certificado familia monoparental de ser o caso
    • Carta domiciliación bancaria (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
    • Fotocopia dos DNI das persoas proxenitoras e das persoas autorizadas

    Os irmáns de usuarios de renovación, deberán presentar a solicitude de nova inscrición conxuntamente coa de renovación.

  • Información e presentación da documentación
    • O importe da matrícula é de 20€ e non é reembolsable
    • O importe da mensualidade é de 62,50€
    • O importe para días soltos é de 6,50€/día
    • Aplicaranse os descontos nas familias numerosas ou monoparentais unicamente nas mensualidades
    • Esta documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso nos prazos sinalados ou na Sede electrónica