A Concellaría de Cultura do Concello de Oroso ofrece para este curso 2024-2025 os seguintes obradorios culturais:

  • Debuxo e pintura
  • Mecanografía
  • Restauración e tapicería
  • Club de Patchwork
  • Teatro
  • Campamento dixital
  • Fotografía
  • Elaboración de candeas


Dirixidorapaces e adultos

PrazosInscrición do 10 ao 25 de setembro



Formalización da solicitude

  • As solicitudes deberán entregarse cumprimentadas e asinadas no rexistro municipal de 9 a 12 horas ou a través da sede electrónica.
  • Acceso á sede electrónica

  • No caso de debuxo e pintura e de mecanografía deberase sinalar o código do curso que vai entre paréntesis na solicitude.

  • Os cursos están dirixidos tanto para rapaces como para adultos, e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.

  • As cotas dos obradoiros de teatro faranse efectivas a empresas ou empregado/a da mesma que leven a cabo a actividade, do mes por adiantado. As cotas anuais dos obradoiros de debuxo e pintura faranse efectivas a través da páxina web www.oroso.gal no apartado de tributos online e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso.
  • Acceso á tributos on line

  • No momento de causar baixa nalgún curso deberá comunicalo por escrito no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.