Inventimento Concello de Oroso

Oroso encara o que resta de 2026 cun investimento récord de máis de 2,7 millóns de euros

O Concello de Oroso mobiliza máis de 2,7 millóns de euros nunha carteira de once actuacións que se executarán ou avanzarán no que resta de 2026. Trátase dun volume de investimento récord para este período, con proxectos xa adxudicados, listos para adxudicar, en licitación ou preparados para a súa próxima contratación.

Este impulso abrangue a mellora de servizos públicos, ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e os concelleiros María Requejo e Carlos Mosquera, xunto ao presidente da Câmara Municipal de Góis, Rui Sampaio, e representantes da institución portuguesa

GóisOrosoArte 2026 reforza tres décadas de cooperación entre Oroso e Góis a través da arte e da cultura

O municipio portugués de Góis inaugurou a pasada fin de semana unha nova edición do GóisOrosoArte, un proxecto cultural que, desde hai máis de tres décadas, une a Galicia e Portugal a través da creación artística, o intercambio cultural e a cooperación institucional entre os concellos de Oroso e Góis.

Baixo o lema "Auga e lume: onde se atopan os extremos", esta edición re ...

ler máis
Obradoiro de marketing local

Oroso organiza un obradoiro gratuíto para axudar ao comercio local a atraer máis clientes do Camiño Inglés

O Concello de Oroso continúa apostando pola dinamización do tecido comercial e empresarial do municipio coa organización do "Obradoiro de márketing local: Captación e vendas a peregrinos", unha acción formativa gratuíta dirixida a comerciantes, persoas autónomas, empresarios e a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a promoción dos seus negocios aproveitando o paso do Camiño Ingl ...

ler máis

A Aula CeMIT de Oroso acolle unha nova edición de "Tech Kids" para achegar a tecnoloxía á mocidade

A Aula CeMIT de Oroso volverá converterse este verán nun espazo de aprendizaxe e innovación coa celebración dunha nova edición de "Tech Kids: Argallando entre xeracións", un obradoiro tecnolóxico gratuíto dirixido á mocidade de entre 12 e 18 anos.

A actividade desenvolverase os días 27, 28 e 29 de xullo, en horario de 10:00 a 12:30 horas, e ofrecerá aos participantes unha o ...

ler máis
O concelleiro de deportes, Carlos Fernández, e a concelleira de cultura, María Requejo, na chegada da V Media Maratón e 10K do Camiño Inglés

A V Media Maratón e 10K do Camiño Inglés volveu converter Oroso nun referente do atletismo popular

O Concello de Oroso acolleu este domingo a chegada da V Media Maratón e 10K do Camiño Inglés, unha cita xa plenamente consolidada no calendario do atletismo galego que reuniu a centos de corredores e corredoras para percorrer un dos trazados máis singulares da comunidade, seguindo parte do histórico itinerario xacobeo entre os concellos de Ordes e Oroso.

A proba, organizada pola ...

ler máis