Oroso continúa cos Martes de Praia para facilitar ás familias o desprazamento ao mar durante o verán
O Concello de Oroso volve poñer en marcha este verán os
Martes de Praia, unha proposta pensada para facilitar á veciñanza o desprazamento á
praia durante os meses de xullo e agosto e ofrecer unha alternativa de lecer familiar, convivencia e desfrute do tempo libre.
A iniciativa desenvolverase durante varias xornadas estivais, con saídas previstas para os días 7, 14, 21 e 28 d ...
O Concello de Oroso informa da apertura do prazo para participar no proceso selectivo destinado á contratación de persoal temporal ao abeiro do Programa de Integración Laboral (PEL) 2026, promovido pola Deputación da Coruña co obxectivo de favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas e reforzar a prestación de servizos municipais.
A través desta convocatoria, o Conc ...
O Concello de Oroso participa estes días na 48ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra do 4 ao 7 de xuño no recinto feiral de Silleda, un dos eventos multisectoriais de referencia do noroeste peninsular e un importante escaparate para a promoción turística, económica e institucional dos territorios galegos.
A representación municipal, enc ...
O comercio de proximidade volve contar cun importante impulso coa posta en marcha dunha nova edición do programa Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia, unha iniciativa destinada a fomentar as compras nos establecementos locais e apoiar ao pequeno comercio galego.
A campaña, que xa está activa desde este mércores, permitirá ás persoas consumidoras acceder a descontos directos ...
O Concello de Oroso recibiu na mañá deste martes a visita da conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, no polígono industrial de Sigüeiro, nun encontro no que tamén participou o alcalde de Oroso, Álex Doval, para supervisar unha nova actuación de mellora das infraestruturas e da contorna do parque empresarial.
A intervención permitirá ...


















