Piscina Municipal

A piscina municipal de Oroso abre a tempada o 1 de maio

O Concello de Oroso informa da apertura da piscina municipal a partir do vindeiro 1 de maio, dando comezo a unha nova tempada nun dos espazos de lecer máis demandados pola veciñanza durante os meses de primavera e verán.

Esta instalación municipal, situada en Sigüeiro, constitúe cada ano un punto de encontro para persoas de todas as idades, combinando deporte, descanso e ocio nu ...

ler máis
Visita da delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, xunto co alcalde de Oroso, Álex Doval, e representantes da Federación Galega de Tenis de Mesa, do Club Oroso Tenis de Mesa e do Club Tenis de Me

Oroso reforza o seu compromiso co tenis de mesa nun encontro coa Xunta e os clubs locais

O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita da delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, nun encontro institucional no que tamén participou o alcalde, Álex Doval, xunto a representantes da Federación Galega de Tenis de Mesa, do Club Oroso Tenis de Mesa e do Club Tenis de Mesa Espedregada.

A reunión serviu para poñer en valor o excelente momento que vive o tenis de mesa no muni ...

ler máis
Aviso

Información veciñal: reapertura ao tráfico na Praza Isaac Díaz Pardo

O Concello de Oroso informa de que mañá martes, a partir das 08:30 horas, a Praza Isaac Díaz Pardo volverá quedar aberta ao tráfico rodado, recuperando así a súa circulación habitual con acceso desde a Rúa Xuncal.

Esta reapertura prodúcese tras os traballos realizados nos últimos días neste espazo público, unha zona clave no núcleo urbano de Sigüeiro que xa fora obxecto ...

ler máis
Presentación do cartel da XXVIII Festa da Troita co alcalde, Álex Doval, a concelleira de Cultura, María Requejo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández.

Oroso presenta a XXVIII Festa da Troita, tres días de tradición, música e gastronomía en Sigüeiro

O Concello de Oroso vén de presentar oficialmente a XXVIII edición da Festa da Troita, unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo local, que se celebrará en Sigüeiro os días 8, 9 e 10 de maio.

No acto de presentación participaron o alcalde, Álex Doval, a concelleira de Cultura, María Requejo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, quen destacaron a impor ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, durante a visita a Francisco Sande, e familiares.

Oroso celebra o centenario do seu veciño, Francisco de Sopazo

Francisco medrou nunha familia numerosa xunto aos seus seis irmáns, nun contexto no que o esforzo e o traballo eran parte esencial da vida diaria. Co paso dos anos formou a súa propia familia xunto á súa muller, Flora, natural de Deixebre, construíndo un fogar baseado nos valores do compromiso, o traballo e o apego á terra.

A súa traxectoria vital estivo sempre vinculada ao sec ...

ler máis