Atraccións Festa da Troita

O Concello de Oroso pon a disposición dos máis novos, pases gratuitos para as atraccións da Festa da Troita 2025

Boas novas para os máis pequenos do Concello de Oroso para a Festa da Troita 2025. O Concello de Oroso entregará "pase gratuito" para as atraccións da festa, válido so o venres 9 de maio de 16:30 a 19:30 horas.

Os pases están destinados a rapaces e rapazas de 0 a 16 anos empadroados en Oroso, deberanse retirar o mércores 7 de 10 a 13 horas ou o xoves 8 de maio de 17 a 19 horas n ...

ler máis
Doce Opalinas de Theodor Smeu

Theodor Smeu Stermin, veciño de Oroso, presenta a segunda edición de "Doce Opalinas"

O noso veciño Theodor Smeu Stermin presentará o vindeiro 7 de maio ás 19:00 horas a 2ª edición do seu libro "Doce Opalinas", na emblemática Libraría Follas Novas de Santiago de Compostela.

Unha obra recoñecida co Premio Narrativas Oblicuas, que segue a deixar pegada na literatura galega contemporánea.

Dende o Concello de Oroso queremos felicitar a Theodor polo se ...

ler máis
Visita as dpendencias da Casa da Xuventude, polo alcalde de Oroso, Alex Doval, o Conselleiro de Cultura, José López Campos, da Directora do AGADER, Paz Rodríguez, e da Directora Xeral de Xuventude, La

Oroso aposta pola mocidade e a cultura

Esta mañá recibimos a visita do Conselleiro de Cultura, José López Campos, da Directora do AGADER, Paz Rodríguez, e da Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, para coñecer de primeira man o resultado das obras de reforma do antigo Centro de Saúde.

A intervención permitiu a mellora das instalacións e a insonorización das aulas da Escola de Música, así como a creación d ...

ler máis
O alcalde, Alex Doval, a concelleira de Cultura, María Requejo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, durante a presentación do cartel da Festa da Troita

Oroso prepárase para celebrar a XXVII Festa da Troita, unha cita declarada de interese turístico

O Concello de Oroso presentou esta mañá o cartel da súa emblemática Festa da Troita, que este ano celebra a súa 27ª edición do 9 ao 11 de maio en Sigüeiro. Un evento consolidado como referente na comarca e declarado de interese turístico, que convida a veciños e visitantes a gozar dun completo programa de actividades culturais, deportivas e gastronómicas.

O programa arrinca ...

ler máis
Petre Abraham Smeu

O xoven violinista Petre Abrahan Smeu galardoado no prestixioso certame NEW HOPE GRAND PRIX 2025

O xoven violinista Petre Abraham Smeu, veciño do noso concello, vén de acadar o Gran Premio na sección de violín do prestixioso certame NEW HOPE GRAND PRIX 2025, celebrado en Satu-Mare (Romanía). Este recoñecemento supón un fito importantísimo na súa carreira musical.

O xurado, composto polos directores das principais orquestras filharmónicas do país e por destacadas fi ...

ler máis