Marcos Barcala, veciño de Porto Avieira, medalla de bronce na categoría Sub16 no Campionato Xunta de Galicia de Trail Preclassic

Oroso no podio do atletismo galego co bronce de Marcos Barcala no Campionato Xunta de Galicia de Trail

O deporte orosino volve estar de parabéns grazas ao resultado acadado por Marcos Barcala, veciño de Porto Avieira, que conseguiu a medalla de bronce na categoría Sub16 no Campionato Xunta de Galicia de Trail Preclassic, celebrado recentemente no concello de Ames.

O atleta, integrante do Club Atletismo Tambre, logrou subir ao terceiro chanzo do podio nunha competición autonómica q ...

ler máis
Mencía Mosquera (segunda pola esquerda), xunto as integrantes do Marineda Hóckey

A orosina Mencía Mosquera celebra coa Marineda Hóckey o título da Copa S.A.R. A Princesa Feminina

O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña Mencía Mosquera polo importante éxito deportivo acadado recentemente co seu equipo, o Marineda Hóckey, que vén de proclamarse campión da Copa S.A.R. A Princesa Feminina de hóckey a patíns.

Este título supón un novo fito para o club coruñés, que en moi pouco tempo de traxectoria está a destacar con forza no panorama do hó ...

ler máis
O alcalde Álex Doval, xunto co concelleiro de deportes, Carlos Fernández e o concelleiro de seguridade e medio ambiente, Oscar Rodríguez, estiveron presentes durante a proba e na entrega de premios

O Concello de Oroso participa na I Carreira e Andaina Solidaria en apoio á Asociación GatoCan Oroso

O Concello de Oroso participou este sábado na I Carreira e Andaina Solidaria GatoCan Oroso, unha iniciativa deportiva e solidaria que reuniu a numerosos veciños e veciñas nunha xornada marcada pola participación, a convivencia e o compromiso co benestar animal.

A actividade, organizada pola Asociación GatoCan Oroso en colaboración co Concello, celebrouse no Polígono de Sigüeir ...

ler máis
Xiana Reboredo Dosil, subcampioa galega de salto de lonxitude no Campionato Galego Sub 16 en pista cuberta

Xiana Reboredo, subcampioa galega Sub 16 de lonxitude en pista cuberta

O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña de Deixebre, Xiana Reboredo Dosil, que o pasado 22 de febreiro se proclamou subcampioa galega de salto de lonxitude no Campionato Galego Sub 16 en pista cuberta, celebrado en Ourense.

A atleta acadou un magnífico rexistro de 4,88 metros, un resultado que reflicte o seu talento, esforzo e constancia, e que a sitúa entre as promesas ...

ler máis
Presentación da XII Carreira Pedrestre Concello de Oroso

A XII Carreira Pedestre Concello de Oroso fará historia no Campionato Xunta de Galicia

O vindeiro domingo 29 de marzo de 2026, a partir das 10:00 horas, Oroso volverá converterse nun punto de encontro para o deporte coa celebración da XII Carreira Pedestre Concello de Oroso, unha cita xa consolidada no calendario atlético galego que cada ano reúne a centos de participantes e afeccionados.

A proba terá saída e meta na rúa Camiño Inglés, escenario habitual desta ...

ler máis