Sasha Malov, na European Youth Series de Riga (Letonia)

Sasha Malov triunfa en Riga coa selección española de tenis de mesa

O xogador de tenis de mesa Sasha Malov, natural de Oroso, vén de acadar un destacado éxito internacional ao proclamarse campión en varias categorías na European Youth Series, celebrada en Riga (Letonia) entre o 20 e o 24 de agosto. O evento, organizado pola Unión Europea de Tenis de Mesa (ETTU), reuniu a algúns dos mellores xogadores mozos do continente nas categorías Sub‑13 e Sub‑15. ...

ler máis
Mateo Rosende, Subcampión de España Benxamín de Pitch & Putt 2025

Mateo Rosende, Subcampión de España Benxamín de Pitch & Putt 2025: talento e futuro do golf galego

O deporte de Oroso está de celebración. O mozo golfista Mateo Rosende Reboredo, veciño de Deixebre, proclamouse Subcampión de España Benxamín no Campionato de España de Pitch & Putt, disputado o pasado 8 de agosto no espectacular percorrido de Barbanza Golf.

Con tan só uns poucos anos de experiencia competitiva, Mateo asinou dúas xornadas de gran regularidade e sangue fría, ...

ler máis
Xogadores e equipo técnico do Xuventude de Oroso sub-11, xunto co alcalde de Oroso, Alex Doval, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández.

Recibimento do Xuventude de Oroso Sub-11, Campión da Góis Cup

Hoxe foi un día especial en Oroso, recibimos con orgullo ao equipo sub-11 do Xuventude de Oroso, flamantes campións da Góis Cup, que nos fixeron soñar e vibrar coa súa victoria en terras irmás de Góis.

Foi moito máis ca un triunfo deportivo, foi unha experiencia de convivencia, aprendizaxe e amizade, nun torneo internacional que reforza os lazos que nos unen co pobo irmán por ...

ler máis
Xogadores do Xuventude de Oroso sub-11, campións da Góis Cup

O Xuventude de Oroso Sub-11 proclámase campión da Góis Cup

O equipo sub-11 do Xuventude de Oroso proclamouse vencedor da Góis Cup, un torneo celebrado no concello portugués de Góis, co que estamos irmandados.

O equipo formou parte dunha expedición deportiva que viaxou a Góis dende o xoves, compartindo días de convivencia, competición e aprendizaxe nun ambiente internacional que reforzou tanto os lazos de amizade como o espírito deport ...

ler máis
O concelleiro de deportes, Carlos Fernández, e a concelleira de cultura, Maria Requejo, xunto cas demais autoridades, acompañando os gañadores da IV Media Maratón e 10 Km do Camiño Inglés

IV Media Maratón e 10 Km do Camiño Inglés – Rede Stelar en Oroso

Este sábado o concello de Oroso acolleu a cuarta edición da Media Maratón (21 km) e da proba de 10 km sobre o histórico trazado do Camiño Inglés. Organizada pola Sociedade Deportiva Compostela‑Tambre‑Lengüelle cunha estreita colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e da Federación Galega de Atletismo, a xornada comezou ás 10:00 h na igrexa de Ardemil (para a ...

ler máis