Participantes da II Andaina Solidaria AFECTO

Oroso amosa o seu compromiso coa inclusión na II Andaina Solidaria AFECTO

O Concello de Oroso acolleu esta mañá a celebración da II Andaina Solidaria AFECTO, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación de Familias de Coidadores TEA de Oroso (AFECTO) coa colaboración municipal, que reuniu a numerosas familias, veciños e veciñas nunha xornada marcada pola participación, a convivencia e o compromiso social.

A andaina, cun percorrido accesible ...

ler máis
Festa dos Maiores 2026

Oroso rende homenaxe aos seus maiores nunha multitudinaria xornada de convivencia

O Concello de Oroso volveu celebrar unha das citas máis entrañables do seu calendario social coa Festa dos Maiores, unha xornada que reuniu nesta edición a preto de 850 veciños e veciñas nun ambiente marcado pola convivencia, a alegría e o recoñecemento.

O encontro converteuse nun espazo de celebración e agradecemento ás persoas maiores do municipio, protagonistas dunha vida ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, durante a visita a Francisco Sande, e familiares.

Oroso celebra o centenario do seu veciño, Francisco de Sopazo

Francisco medrou nunha familia numerosa xunto aos seus seis irmáns, nun contexto no que o esforzo e o traballo eran parte esencial da vida diaria. Co paso dos anos formou a súa propia familia xunto á súa muller, Flora, natural de Deixebre, construíndo un fogar baseado nos valores do compromiso, o traballo e o apego á terra.

A súa traxectoria vital estivo sempre vinculada ao sec ...

ler máis
IV edición dos Premios dos Plans Locais de Saúde

O Centro de Saúde de Oroso, recoñecido nos Premios dos Plans Locais de Saúde

O Centro de Saúde de Oroso vén de ser distinguido na IV edición dos Premios dos Plans Locais de Saúde, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia a través do Servizo Galego de Saúde, co obxectivo de recoñecer as mellores prácticas en promoción da saúde e benestar comunitario.

O centro foi galardoado co Premio á labor na perspectiva dos profesionais, un recoñecemento q ...

ler máis
Conmemoración do Día Mundial do Autismo

Oroso conmemora o Día Mundial do Autismo cunha xornada de participación, sensibilización e inclusión

A Praza Isaac Díaz Pardo converteuse na tarde deste luns nun espazo cheo de vida, participación e compromiso social coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha cita xa consolidada no calendario do Concello de Oroso.

Veciñanza de todas as idades achegouse para compartir unha xornada pensada para visibilizar a realidade das persoas con trastorno do espec ...

ler máis