I Torneo Concello de Oroso

O vindeiro domingo 30 de agosto, o Campo Municipal Lino Balado acollerá a primeira edición do Torneo Concello de Oroso, unha xornada que reunirá aos equipos de fútbol do noso municipio.

Campamento Xuvenil en Portomarín

O Campamento Xuvenil está destinado a nenos e nenas de 9 a 16 anos de idade e terá lugar en Portomarín (Lugo), do 21 ao 28 de agosto.
Durante o campamento realizaranse actividades acuáticas fluviais, xogos de aventura, piscina, escape room e outras actividades de convivencia, lecer e natureza.

Semana Cultural Oroso 2026

Programación da Semana Cultural Oroso 2026.
Teatro, Circo, Excursións, Música, ... un feixe de actividades para todos os públicos.

Martes de Praia

Este verán volven os Martes de Praia do Concello de Oroso, unha proposta para desfrutar do mar, do bo tempo e dunha xornada diferente en familia durante todos os martes do mes de xullo e agosto.
Todos os veciños e veciñas que queiran asistir deberán realizar a inscrición previa no Concello.

Días7, 14, 21, e 28
de Xullo

6, 13, 20 e 27
de Agosto

InscriciónNo Concello de Oroso

DirixidoTodos os públicos
Preferencia empadroados/as



Clinic FGTM Verán 2026

Un ano máis, a FGTM ofrece o seu Clinic intensivo de verán para que aqueles xogadores e xogadoras que o desexen poidan aumentar o seu nivel de xogo aproveitando ó máximo as vacacións estivais.
No mes de agosto, realizaránse dúas quendas de 5 dias (luns a venres) con doble sesión de adestramento diaria, preparación física, adestramento de servicio e restos, e diversas actividades lúdicas no tempo libre.
Semana 1: do 3 ao 7 de agosto
Semana 2: do 10 ao 14 de agosto