Bos días Cole

O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os cativos nas instalacións do CEIPP de Sigüeiro, CEIPP do Camiño Inglés e CRA de Oroso, dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de traballos manuais, talleres de lectura de contos e diversos xogos.

Consulta no seguinte enlace toda a información (prazos, inscrición, taxas, ...) Programa Bos días Cole

Comedor Escolar

O programa “Comedor Escolar” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os rapaces nas instalacións do CEIPP do Camiño Inglés despois do término das clases para xantar.

Consulta no seguinte enlace toda a información (prazos, inscrición, taxas, ...) Programa Comedor Escolar

Competicións deportivas

Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.

Día Mundial do Autismo

Este luns 6 de abril, o Concello de Oroso, en colaboración con AFECTO, organiza unha tarde moi especial chea de inclusión, aprendizaxe e diversión coa actuación de Barafunda para celebrar o Día Mundial do Autismo.

As actividades terán lugar na Praza do Concello de 17:30 a 19:30 horas.

Programación

✨ Actividades para todas as familias:
? Obradoiros 
? Performance 
? Obradoiro de chapas

Un espazo para comprender, compartir e celebrar a diversidade. Agardámoste para unha tarde para compartir, aprender e seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva.

Festa da Xuventude - Sigüeiro 2026

O xoves 2 de abril o Concello de Oroso organiza a Festa da Xuventude con actuacións musicais e pulpeira.