- 10:00-14:00
- Concello de Oroso
- Todos os públicos
- GRATUITO
Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.
- 10:00-20:00
- Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
- A partir de 16 anos
- GRATUITO
O Centro Cultural Fernando Casas de Novoa, en Sigüeiro, acollerá o vindeiro sábado 3 de outubro unha nova xornada do Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para recuperar e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais, favorecer a transmisión de coñecementos entre xeracións e achegar á mocidade as posibilidades de emprego e autoemprego vinculadas a estes saberes.
- 10:30-18:30
- Tambre Golf & Croquet
- Todos os públicos
- 30.00 €
Tambre Golf & Croquet, en colaboración co Concello de Oroso, pon en marcha unha nova proposta deportiva dirixida aos máis pequenos, para que poidan descubrir e aprender golf, Pitch & Putt e croquet nun ambiente divertido, seguro e adaptado á súa idade e nivel.
A actividade busca fomentar desde pequenos o deporte, os hábitos de vida saudables, o compañeirismo e o contacto coa natureza.
- 13:00-22:00
- Paseo do Carboeiro
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Psicotroita Festaival celebra a súa undécima edición o sábado 26 e o domingo 27 de setembro de 2026 na área recreativa do Paseo do Carboeiro en Sigüeiro (Oroso).
cunha programación que volverá apostar pola diversidade de estilos e pola presenza de formacións galegas, estatais e internacionais.
Ven disfrutar dunha experiencia única, rodeada de natureza, boa música e un ambiente inmellorable. E ademais, lebra: a entrada é de balde!
- 11:00-13:00
- Parque do Carboeiro
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Oroso Club Ciclista celebra unha xornada de portas abertas pensada para que os máis pequenos poidan achegarse ao ciclismo, probar a actividade e pasar unha mañá diferente sobre dúas rodas.
Achégate o Parque do Carboeiro o sábado, 26 de setembro ás 11:00 horas, para coñecer de preto o club, pedalear e descubrir este deporte nun ambiente divertido e familiar.












