Competicións deportivas

Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.

Actividades Deportivas 2026 - 2027

Dende a Concellaría de Deportes, Turismo e Comercio, puxéronse en marcha distintas actividades tanto para nenos como para adultos ó longo de todo o ano. Para levar a cabo estas actividades o concello conta con persoal altamente preparado e coas instalacións necesarias. Ademáis o concello contará con empresas de servizos deportivos para unha mellor xestión de tódalas actividades.

Obradoiros Municipais Maiores 2026-2027

Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Maiores e Sanidade, póñense en marcha os seguintes obradoiros municipais para persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello:

  • Ximnasia en Sigüeiro, Trasmonte, Cachopal e Senra
  • Baile en Sigüeiro e Deixebre
  • Taichí en Sigüeiro
  • Ioga en Sigüeiro
  • Obradoiros de memoria en Sigüeiro, Oroso, Trasmonte, Senra e Cachopal
  • Informática en Sigüeiro


O prazo de inscrición será do 7 ao 25 de setembro, e as actividades darán comezo o 1 de outubro.

Máis información na web e inscricións no Concello de Oroso

II Torneo Internacional de Xadrez

O Concello de Oroso acollerá o día 6 de setembro de 2026 ás 16:00 horas no Pavillón Deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro o II Torneo Internacional de Xadrez "Concello de Oroso".

Un torneo aberto a xogadores e xogadoras de todos os niveis e idades e puntuable para o Circuíto Galego e o Circuíto da Deputación.

Organiza e colabora: Concello de Oroso, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Xadrez Oroso e Federación Galega de Xadrez

Semana Cultural Oroso 2026

Programación da Semana Cultural Oroso 2026.
Teatro, Circo, Excursións, Música, ... un feixe de actividades para todos os públicos.