Clinic FGTM Verán 2026

Un ano máis, a FGTM ofrece o seu Clinic intensivo de verán para que aqueles xogadores e xogadoras que o desexen poidan aumentar o seu nivel de xogo aproveitando ó máximo as vacacións estivais.
No mes de agosto, realizaránse dúas quendas de 5 dias (luns a venres) con doble sesión de adestramento diaria, preparación física, adestramento de servicio e restos, e diversas actividades lúdicas no tempo libre.
Semana 1: do 3 ao 7 de agosto
Semana 2: do 10 ao 14 de agosto

Clausura Cursos de Natación 2026

O Concello de Oroso clausura os cursos de natación 2026, uns cursos gratuítos que se impartiron na piscina municipal de Sigüeiro entre o 1 ata o 30 de xullo.

Programación

Ás 16:30 horas: Animación e inchable
Ás 18:30 horas: Entrega diplomas e agasallos


Lettering con Brushpen

A Biblioteca Municipal de Oroso acolle o vindeiro 29 de xullo ás 11:00 h un obradoiro creativo para aprender a arte do lettering, dirixido a mozos e mozas de 12 a 16 anos.

O lettering é a arte de debuxar letras, explorando a creatividade para crear composicións visuais atractivas, expresar ideas e mesmo relaxarse a través dunha actividade artística.

Durante o obradoiro aprenderás os trazos básico co brushpen, técnicas para construir letras e palabras con estilo e exercicios prácticos e plantillas para seguir practicando na casa.
Inclúe todo o material necesario, entre eles un brushpen para cada participante, follas de teoría e plantillas para practicar durante o obradoiro e tamén na casa.

As prazas son limitadas e deberase realizar a inscricións no Centro Cultural ou no 981 69 09 03.

Programa Tech Kids - Argallando entre xeracións.

Os días 27, 28 e 29 de xullo de 10:00 a 12:30 horas terá lugar o Programa Tech Kids - Argallando entre xeracións.

Será unha actividade formativa destinada á rapazada de 12 a 18 anos, que ofrecerá aos participantes unha oportunidade para descubrir o mundo da tecnoloxía a través de sesións eminentemente prácticas, dinámicas e adaptadas á súa idade.

O principal obxectivo de Tech Kids é espertar o interese dos máis novos polas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), fomentando ao mesmo tempo o pensamento creativo, o traballo en equipo, a resolución de problemas e o uso seguro, responsable e crítico das novas tecnoloxías.

Campus Futsal

O Campus Futsal de Oroso FS CD celebrarase durante tres quendas no verán, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa deportiva e de lecer onde combinarán fútbol sala, piscina, camiñadas, xogos e moitas máis actividades. A proposta está pensada para fomentar a práctica deportiva, a convivencia e a diversión nun ambiente seguro e adaptado ás diferentes idades.