- 10:00-14:00
- Parque do Carboeiro
- Todos os públicos
- GRATUITO
A V Mini BTT Concello de Oroso terá lugar o 24 de maio de 2026 no Parque do Carboeiro. Organizada polo Oroso Club Ciclista e patrocinada polo Concello de Oroso.
As categorías nas que se poden inscribir son:
- Benxamíns
- Promesas
- Principiantes
- Alevíns
- 18:00-20:00
- Campo de Fútbol Lino Balado
- Todos os públicos
- 10.00 €
O Concello de Oroso converterase esta fin de semana nun dos epicentros do fútbol afeccionado galego coa celebración da final masculina da Copa do Sar, que terá lugar no Campo de Fútbol Municipal Lino Balado, en Sigüeiro.
O encontro disputarase o vindeiro 23 de maio de 2026 ás 18:00 horas e enfrontará aos equipos da SD Negreira e do CSD Arzúa nun partido que promete emoción e gran ambiente nas bancadas.
- 10:30-14:00
- Sigüeiro
- Todos os públicos
- 5.00 €
O vindeiro 23 de maio, as rúas de Oroso volverán encherse de solidariedade coa celebración da II Andaina Solidaria AFECTO, unha iniciativa destinada a dar visibilidade ao autismo e apoiar ás familias da nosa contorna.
Tras o éxito da primeira edición, a Asociación AFECTO organiza novamente esta xornada aberta á participación de persoas de todas as idades, combinando deporte, natureza e compromiso social nun ambiente familiar e inclusivo.
- 09:00-19:00
- Concello de Oroso
- Todos os públicos
- GRATUITO
Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.
- 09:00-22:00
- Campo de Fútbol Lino Balado
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Torneo de Fútbol 8 da ED Xuventude de Oroso e do Concello de Oroso, celebra a súa XI edición durante os días 1 e 17 de maio de 2026.
Esta duodécima edición do noso torneo terá o seu comezo o venres 1 de maio de 2026 coas primeiras categorías de ALEVÍN e BIBERÓN, dando paso a segunda xornada que se disputará o venres 17 de maio de 2026 coas categorías BENXAMÍN e PREBENXAMÍN.
O torneo celebrarase no Campo de Fútbol Municipal "Lino Balado" e comezará ás 09:00 horas, desenvolvendose ao longo de todo o día ata as 20:00 h.












