I Albaroque

A Asociación Folclórica Buxos Verdes de Senra organiza coa colaboración do Concello de Oroso o I Albaroque, unha xornada de música, baile tradicional e convivencia que terá lugar o vindeiro 16 de maio en Senra (Oroso).

Durante toda a xornada haberá actividades para toda a familia, mostra de artesanía, sesión vermú, xantar popular, música tradicional, xogos populares e troula nocturna. Ademais, contarase con carpa e bebidas a prezos populares.

Competicións deportivas

Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.

XXVIII Concurso de Pesca

  • 08:00-14:00
  • Sigüeiro
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

O XXVIII Concurso de Pesca do Concello de Oroso terá lugar o sábado 9 de maio entre ás 08:00 horas e ás 20:30 horas no coto do río Tambre.
O concurso infantíl celebrarase o domingo 10 de maio a partir das 09:30 horas da mañá na lagoa do río Carboeiro.
Para participar en ambos concursos será necesario realizar a inscrición previa antes do 7 de maio.
Os trofeos dos premiados serán entregados o domingo 10 de maio despois do pregón da Festa da Troita.

Competicións deportivas

Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.

XXVIII Festa da Troita 2026

  • 08:00-23:59
  • Sigüeiro
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

O Concello de Oroso organiza a XXVIII Festa da Troita 2026, durante os días 8, 9 e 10 de maio en Sigüeiro.
Unha festa declarada de interese turístico e na que a gastronomía, a música, o deporte e a cultura non faltarán nesta nova cita.
Non perdas a oportunidade e acércate para disfrutar das nosas troitas, dos espectáculos musicais que terán lugar, do campionato de pesca ou da feira de artesanía.

Accede á programación da Festa da Troita

Agardámoste!!!