A Aula de Música do Concello de Oroso ofrece unha ensinanza musical completa e diversa co fin de satisfacer as múltiples necesidades que os seus ususarios poden demandar. Por unha banda, preparando as probas de acceso ós centros de ensinanza musical profesional ou conservatorios, pero tamén ofrecendo un proxecto pedagóxico propio e personalizado para os alumnos que se acheguen á música de xeito mías afeccionado e/ou lúdico, incluso para aqueles que pretendan profesionalizarse na música moderna: pop, rock, jazz, folk, etc, campos estes últimos para os que apenas existe formación regrada.
A atención á diversidade convirtese nunha oportunidade para o desenrolo e a integración social. Na aula de música darase cabida a calquer alumno que presente necesidades especiais de atención, xa sexa por dificultades lingüísticas debidas a inmigración, situacións de desventaxas socio-culturais, superdotación intelectual, déficits psíquicos, físicos ou sensoriales ou simplemente dificultades de atención. No caso de haber alumnos con necesidades especiais, procederase sempre buscando a súa integración e adaptación curricular.
O perfil do usuario é, polo tanto, o máis completo posible, podendo acceder ós servicios da Aula de música usuarios de tódalas idades e gustos musicais que busquen adquirir coñecementos musicais, mellorar a súa técnica no instrumento, completar os coñecementos teóricos, obter a posibilidade de coñecer xente coas mesmas aficcións e formar unha agrupación musical, ou simplemente pasar un bo rato. Dende a aula de música fomentaranse activamente a formación de agrupacións musicais tanto propoñendo algunhas concretas como cooperando coas que poidan surxir pola propia iniciativa dos alumnos.
O corpo docente representa unha selección de persoal que provén de moi distintas correntes musicais, de maneira que se ven representadas as múltiples caras que a música amosa na nosa sociedade.
Información
Para aclarar posibles problemas ou dúbidas que adoitan aparecer co comezo do curso, poderá dirixirse ao teléfono 981 69 09 03 de luns a venres de 09:00 a 14:00h. para non interromper os profesores que están impartindo as materias. Tamén poden facelo neste enderezo de correo electrónico: cultura@oroso.gal, e por suposto, o departamento de cultura do Concello de Oroso está á súa disposición para axudalo en todo o que lle sexa do seu alcance.
Prezos
Matrícula
- - € non empadroados
- Preferencia aos empadroados para asignación de prazas
Linguaxe
- Linguaxe musical ou
- Música e movemento
Instrumento
- Deberá elexir 1 instrumento
- Violín, Canto, Piano, Guitarra
- Batería, Baixo eléctrico
- As familias numerosas terán o 20% de desconto, para o cal terán que acreditalo co certificado de familia numerosa.
- Cando participen dous irmáns tamén se lle aplicará o desconto do 20% ao segundo irmán.
- Os descontos non son acumulativos.
- Non se aplicarán descontos aos non empadroados nin a maiores de idade.
- Prazos: do 17 ao 28 de xuño ata cubrir prazas.
- Documentación que se deberá presentar:
- Folla de matrícula debidamente cuberta
- Carta de domiciliación (as mensualidades estarán domiciliadas)
- A documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso ou na sede electrónica. ATA O 17 NON SE PODE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN POR REXISTRO
- sede electrónica
- Prazas limitadas, serán asignadas por orde de rexistro de entrada.
- Preferencia para empadroados/as.
Documentos
- Prazos: do 3 ao 14 de xuño.
- Documentación que se deberá presentar:
- Folla de matrícula debidamente cuberta
- Carta de domiciliación (as mensualidades estarán domiciliadas)
- A documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso ou na sede electrónica.