Curso de restauración e tapicería
Información:
  • 03-05-2024 a 31-05-2024
  • 17:00 - 20:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Curso de restauración e tapicería

O Concello de Oroso organiza un curso de restauración e tapicería que terá lugar os venres 3, 10, 24 e 31 de maio dende ás 17:00 ata ás 20 horas.
O curso, totalmente gratuito, realizarase nas dependencias do Centro Cultural Fernando Casas e Novoa en Sigüeiro.
Para poder asistir será necesario realizar a inscrición no propio centro cultural ou a través do teléfono 981 690 903, ata o día 29 de abril incluido.

Descargar solicitude de inscrición Curso Restauración e Tapicería

Compartir: