Danza 3 | Cantigas e Agarimos
Información:
  • 16-05-2024
  • 20:30 - 22:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

Actuación musical da agrupación Cantigas e Agarimos, dentro do programa de difusión do baile e música tradicional Danza 3.

Na véspera do Día das Letras Galegas, a agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público no Auditorio Municipal de Oroso, para ofrecer un repertorio de pezas musicais recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadoras e tocadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Esta nova edición percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotiá deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.

Compartir: