Inscrición - Reserva
Localización: Alameda de Góis
Copa 5x5 de Balonmán na Rúa
A copa 5X5 de balonmán que organiza a Deputación da Coruña celebrarase en Oroso do 31 de maio ao 2 de xuño.
A mocidade de Oroso poderá participar nesta competición, xa que o obxectivo é achegar este deporte á toda a cidadanía, especialmente a nenos e nenas.
Información xeral
Para realizar a inscrición deberase completar o formulario coa información dos equipos para as diferentes probas da Copa Balonmán 5x5 Deputación da Coruña 2024.Todos os participantes recibirán unha equipación de agasallo.
Os equipos deberán estar formados por entre 5 e 8 integrantes, mixtos.
Será obrigatorio que o responsable do equipo sexa maior de 16 anos.
Categorías
Categoría 1: 2012 /2013
Categoría 2: 2014/2015/2016
Regulamento
Os equipos xogarán nunha das franxas escollidas (último punto do formulario) sempre e cando queden ocos libres (por orde de inscrición). As franxas de xogo son:
Venres tarde - Sábado mañá - Sábado tarde
O domingo de mañá celebraranse as eliminatorias e finais para os equipos clasificados, xunto coa entrega de trofeos para os mellores clasificados.
Máis información
Se desexas máis información ou realizar algunha consulta, podes realizalo a través do correo c.tecnica@fbbalonman.com ou dos teléfonos 986410618 e 670892328.