Inscrición - Reserva
Localización: Oroso
Concilia2 Verán
O Concello de Oroso, co obxectivo de atender ás familias que precisan un servizo de conciliación nas datas do verán, subvencionará a inscrición no campamento de conciliación "Concilia2 Verán" para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos.
O campamento ten un horario estándar de 9:00 a 14:00 horas. Dispón dunha ampliación de horario de 7:30 a 9:00h, e outra ampliación de horario de 14:00 a 15:30 horas, ambas subvencionadas tamén polo Concello de Oroso.
Quendas
24 - 28 xuño 1 - 15 xullo 16 - 31 xullo
1 - 14 agosto 16 - 30 agosto 2 - 10 setembro
Actividades
- xogos tradicionais
- deportes alternativos
- música e movemento
- traballos manuais
- xincanas
- Ciencia e natureza
- Excursións
- e moita, moita auga!!
Información na Escola con Talento, correo: oroso@escuelacontalento.es, teléfono 981 117 108 ou 604 002 616.
Posibilidade de servizo de comedor.