Inscrición - Reserva
Localización: Municipio de Góis
Intercambio Cultural con Góis
O Concello de Oroso a través da Concellería de Cultura organiza un intercambio cultural co fin de ofrecer á xuventude a posibilidade de viaxar, coñecer outras culturas, unha primeira aproximación ao portugués, compartir ideas e inquietudes con mozos/as de Góis entre os días 8 e 15 de xullo.
- Prazas limitadas por orde de solicitude (15 prazas)
- Destinado a mozos e mozas de 15 a 20 anos.
- Preferencia empadroados/as no Concello de Oroso
- Prazo de inscrición do 17 ao 21 de xuño a través do rexistro municipal.
Aproveita esta oportunidade para viaxar e coñecer outra cultura, compartir ideas e inquedanzas coa xuventude de Góis.
Solicitudes
A documentación necesaria para realizar a inscrición é a seguinte:- Solicitude de inscrición debidamente cumplimentado
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da tarxeta sanitaria europea
- Autorización no caso dos menores de idade
- Autorización para a realización e uso de fotografías e vídeos
- En caso de intolerancias e/ou alerxías, informe médico