De Vilatriste a Vilalegre
Información:
  • 26-06-2024
  • 19:00 - 20:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

De Vilatriste a Vilalegre

O Concello de Oroso acollerá a obra de teatro "De Vilatriste a Vilalegre", que conmemora o 40º aniversario do Centro Dramático Galego, e que terá lugar este mércores 26 de xuño ás 19:00 horas no exterior da Piscina Municipal.

De Vilatriste a Vilalegre

Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.
A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

A obra é un texto orixinal de Roi Vidal Ponte, con dirección de Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño, na que participa Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño, escenografía de Beatriz de Vega, vestiario de Carmen Pichel e música de Brais das Hortas.

Compartir: