Excursión á Comunidade Valenciana
Comeza en:
Información:
  • 13-10-2024 a 18-10-2024
  • 08:00 - 23:30
  • Todos os públicos
  • 485.00
Inscrición - Reserva

Localización: Comunidade Valenciana

Excursión á Comunidade Valenciana

O Concello de Oroso e o Concello de Frades organizan unha excursión de 6 días á Comunidade Valenciana, que terá lugar do 13 ao 18 de outubro.

  • Anotacións do 29 de xullo ao 6 de setembro no Concello (981 69 14 78). O número de asento no bus outorgarase por orde de inscrición (terán preferencia as persoas empadroadas en Oroso e Frades). As prazas son limitadas a 30 prazas por concello.

  • Prezo: 485 € en habitación dobre, ou 600 € en habitación individual.
    O pago realizarase unha vez confirmada a excursión ao finalizar o prazo de anotacións. Poderase pagar no nº de conta da empresa organizadora (Excursións Miranda) ES25 0081 2215 6500 0125 7529 ou directamente ao persoal de dita empresa antes de iniciar a viaxe.


Programa

Día 13Saída con comida en ruta chegando a última hora da tarde ao hotel en Gandía.
Reparto de habitacións.

Día 14Paseo en barca pola Albufera e comida da famosa paella valenciana.
Pola tarde visita con guía local pola cidade de Valencia.

Día 15Visita ao maior acuario de Europa con entrada incluída ao Oceanografic de Valencia.
Tamén gozaremos do complexo da Cidade das Artes e as Ciencias.

Día 16Pola mañá visita á cidade de Denia e xantar no hotel.
Pola tarde visita á cidade de Benidorm.

Día 17Día libre por Gandía

Día 18Almorzo, comida en ruta e fin da viaxe.



Compartir: