Localización: Praza do Concello
Andaina Solidaria
O Concello de Oroso organiza unha nova Andaina solidaria en apoio á Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
Será o domingo 29 de setembro e a saída ás 10.30 horas desde a praza do Concello.
O percorrido será de cinco quilómetros con participación libre.
Xuntos, podemos achegar o noso gran de area e contribuír a unha gran causa!
Os donativos podense realizar a través de Bizum co código 11243, ou directamente o día da andaina na carpa da praza.
O regreso da andaina, teremos sorteos especiais para todos os participantes!
Máis información no teléfono 981 92 79 01 ou deportes@oroso.gal
Non faltedes! A vosa solidariedade é o que máis conta.