Localización: Auditorio Fernando de Casas e Novoa
Na cerna do Son
O vindeiro venres, 7 de febreiro, terá lugar no Auditorio Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro o proxecto multiARTErial de Gallaecia Eventos, unha fusión das artes, DANZA, MÚSICA E POESÍA. Elas únense grazas ó nexo conector da tradición galega e da emigración.
Cerna en galego é a parte máis interior da madeira e tamén emprégase para falar do corazón de algo.
A través da danza, da poesía e da música en directo do caixón flamenco, piano de cola e voz, realizaremos unha viaxe ó corazón da música tradicional galega e renderemos homenaxe a todas as persoas que tiveron que emigrar para buscar unha vida mellor.
Esta viaxe multiARTErial comeza en Galicia , percorre Latinoamérica para logo voltar á terra.
Esta viaxe , farase baixo unha perspectiva diversa, con arranxos musicais que regalan un concepto mais da música tradicional.As cancións interpretadas están arranxadas e adaptadas expresamente para este proxecto e nelas hai elementos musicais que veñen do jazz, do latin, funky, da balada, recuperando cantos de traballo, alalás, xotas, cancións tradicionais que no teñen autor, cancións que tratan sobre a emigración e cancións latinoamericanas como tangos, boleros ou salsa.