Taller Socioeducativo
O Concello de Oroso organiza un taller destinado ás familias con nenas e nenos con TEA (Trastorno do Espectro Autista).
O taller terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa durante os días 6, 13, 20 e 27 de febreiro entre ás 17:00 e 18:30 horas.
Haberá servizo de conciliación para aquelas familias que o precisen.
As inscricións pódense realizar a través do teléfono 981 688 950 ou do correo rocio.nunez@oroso.es