Localización: Mancomunidade de Ordes
Curso Lingua Galega SNL
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes anuncia a convocatoria dun curso de galego deseñado para preparar as probas CELGA, de 40 horas de duración. As sesións terán lugar os luns e mércores, de 10:00 a 12:00 h, desde o 10 de marzo ao 14 de maio de 2025.
A maiores, entre o 3 de abril e o 15 de maio de 2025 está prevista tamén a organización dun curso de Competencias clave, de 10 horas de duración.
As persoas interesadas teñen de prazo para inscribirse ata o 6 de marzo de 2025.
Celgado 10 de marzo ao 14 de maio
Competencias Clavedo 3 de abril ao 15 de maio
InscriciónAta o 6 de marzo
Os horarios son susceptibles de modificación en función das datas das probas.
Máis información na Mancomunidade de Ordes.













